Accións sobre graffitis: Un modelo extrapolable a este país?

Desde hai case 20 anos, nos EEUU existe un plan de choque contra as accións vandálicas d@sgrafitter@s.
A polémica sobre a utilidade dos graffitis, sobre a liberdade de expresión xuvenil ou onde remata a obra de arte e comeza o vandalismo, entraría a formar parte doutro debate que non imos abordar polo momento.
O sistema para combater os graffitis iníciase previo acordo asinado pol@spropietari@s dun inmoble ou espazo concreto, coas autoridades competentes. O encargado de xestionar este labor é o Departamento de Policía municipal que organiza os servizos municipais de limpeza encargados de entrar e actuar nas propiedades para borrar e eliminar os graffitis, que obviamente deben estar a vista.
Con este acordo, @s propietarios deben permitir o libre acceso aos operari@smunicipais, e a policía queda eximida das súas reclamacións.
Os métodos empregados para a eliminación do Graffiti poden ser: Blasting (pulido), Hydro Blasting (inxección de auga), Pinturas e disolventes (todos os métodos e os materiais son ecolóxicos).
Trátase dun servizo público, non obstante admítense doazóns particulares para desenvolver este labor.
 

Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Lienzos –  gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

Advertisements