Fermosa e brutal á vez

O soldado non leva un fusil cun cravo na punta, mesmo así a a imaxe é impresionante, fermosa e inquietante. 
Ogallá non se disparen nunca esas armas.
(do manual do sistema armamentístico do exército dos EE.UU.)











Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas – Dictámenes por escrito en gallego y castellano 
gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

Para qué serven as nosas sinaturas de campañas solidarias?

Moitas veces chégannos campañas solidarias de recollida de firmas na que nada máis se nos solicita o nome e o correo-e (por exemplo de “change.org). Acostumad@s a que nos pidan moitos máis datos, cedemos e de paso que cumprimos cunha obriga solidaria, ou de conciencia. 
Non me refiro a campañas de organizacións como AVAAZ, Amnistía Internacional, etc, que necesitan un rexistro previo e a comprobación dos nosos datos persoais, senón as colleitas espontáneas, véxase de change.org.  Por se temos curiosidade por saber do destino, ou utilidade e eficacia das nosas firmas, encontrei este post para ter en conta.  

Fonte: http://gallir.wordpress.com/tag/firmas-falsas/

  • Sí es posible que una persona firme varias veces con correos electrónicos diferentes, sin que se verifique ni que los datos (ni siquiera el código postal) correspondan.
  • No hay verificación de los datos del formulario, ni siquiera para esos emails que ya tienen cuenta creada en change.org.
  • No hay verificación de que el email pertenece a la persona que lo pone, y que esa personas tenía la intención de “firmar”.
  • Sí es sencillo “firmar” automáticamente con un programa.
  • Aunque creador de la petición recibe la lista (en PDF) de “firmantes” (con los datos falsos y sin especificar el email), y que change.org está en EEUU, argumentan que no pueden hacerla pública por la LOPD. Hay algo que no cuadra ¿no?.
  • Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: 
    – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas 
    – Dictámenes por escrito en gallego y castellano – Colaboración con el Laboratorio Documental LEYAS, mbar@leyas.es gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

    De ciencia ficción: “Lápiz” 3D

    El sueño de cualquier infante o artista: convertir un escrito o un dibujo en una pieza en tres dimensiones. Lo que hasta ahora podría considerarse un delirio inalcanzable, ahora es un hecho posible.

    O soño de calquera persoa miúda ou artista: converter un escrito ou un debuxo nunha peza en tres dimensións. O que ata agora podería considerarse un delirio inalcanzable, agora é un feito. Unha firma norteamericana (desculpen que omita a marca, pero esta información xa é publicidade gratuíta) vén de crear un instrumento de escritura, chamémoslle lápiz, en 3D capaz de pór de relevo a escrita. 
    A capacidade deste invento revoluciona o mundo das artes enfeblecendo as fronteiras, por exemplo, entre o debuxo e a escultura. Claro que xa contamos cun impresionante antecedente, coa obra de Miquel Barceló para demostrar como un fresco ou un lenzo pode achegarse ata nós dun xeito sublime.
    No eido que nos ocupa, a escritura, xa temos constancia nos relevos das escritas petroglíficas, pero algo moi distinto pode resultar o avance de hampas e jambas fóra de sí, o que revolucionaría a estrutura da caixa caligráfica presta a adoptar tamén esa terceira dimensión. 
    Revolucionará os sistemas de falsificación e nos apartará a mirada estereoscópica do propio microscopio? O tempo o dirá…

    Un hotel por dous euros

    Breves: “Caballo de Troya”

    Desmantelada unha rede de blanqueo de capitais que operaba en Galicia

    15 detidos, 440.000 euros intervidos, bloqueados máis de 400 inmobles e 80 vehículos //Adquiría empresas con problemas económicos a prezo baixo para descapitalizar os seus activos // En Santiago adquiriron un hotel de luxo por dous simbólicos euros // O Xulgadode Instrucción Número 2 de Compostela dirixe a operación ler en El Correo

    Actualización das tasas

    Resumo da normativa sobre taxas xudiciais 20/11/2012

    Están suxeitos ao pago das taxas xudiciais os seguintes supostos:
    1. A interposición da demanda en toda clase de procesos declarativos e de execución de títulos executivos extraxudiciais na orde xurisdicional civil, a formulación de reconvención e a petición inicial do proceso monitorio e do proceso monitorio europeo.
    2. A solicitud de concurso necesario e a demanda incidental en procesos concursais.
    3. A interposición da demanda na orde xurisdicional contencioso-administrativo.
    4. A interposición do recurso extraordinario por infración procesal no ámbito civil.
    5. A interposición de recursos de apelación contra sentencias e de casación na orden civil e contencioso-administrativo.
    6. A interposición de recursos de suplicación e de casación na orde social.
    7. A oposición á execución de títulos xudiciais. ler máis

    Van 65 firmas imputadas na maior fraude fiscal galega

    Foron denunciados pola vía penal por posible delito fiscal e falsidade documental
    de L a V (18-I-12) / Axencias

    O xulgado de instrución 6 de Vigo, que investiga o maior caso de fraude fiscal en Galicia a través de facturas falsas, leva imputadasmáis de 65 empresas, ademais dun centenar de particulares, por un delito de falsidade documental continuada, e a algúns deles tamén por delitos fiscais. ler máis


    Servicios ofrecidos por el Gabinete ANÁLISIS FORENSES DOCUMENTALES: – Cotejo de firmas (dubitadas/indubitadas) – Análisis lingüísticos de documentos anónimos – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos – Dictámenes por escrito en gallego y castellano – Datación documental y de tintas
    Servizos ofrecidos polo Gabinete Caligráfico MBC: – Cotexo de firmas (dubitadas/indubitadas) – Análises lingüísticas de documentos anónimos – Pericias caligráficas desde todos os soportes escritos – Dictames por escrito en galego e castelán mbar@leyas.es / tfno.: 669 060 265 / 36203 Vigo

    Longa vida ao legado de Rita Levi-Montalcini

    Temos mil motivos de agradecemento á figura da Nobel Rita Levi-Montalcini, como científica, polos seus achados sobre a plasticidade neuronal, e pola súa teima na formación de novas xeracións de científicas aló onde o acceso ao ensino era un privilexio para uns poucos. Porque a pena non nos impida brindar pola prosperidade do seu legado.
    Unhas palabras que perpetúen a súa imaxe neste blog.

    Con 103 anos de idade (30/12/12), faleceu na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con esta frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación: “Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!” iniciaba o meu artigo na revista Festa da palabra silenciada (nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicado a unha das escasísimas Nobel científicas da historia.
    Nunha entrevista a piques de cumprir 100 anos, Rita Montalcini (Turín, 1909) mostraba a súa sagacidade e sentido do humor, avalando as teses que respaldan o descubrimento que premiou a Academia Sueca: o factor de crecemento neuronal (Nerve Growth Factor, NGF). A forza do seu cerebro, curioso e entusiasmado pola ciencia ata o último momento presaxiaban outros cen anos de vida, desafiando ao deterioro fisiolóxico. De aí que recibir esta noticia nos produza unha inmensa desolación, neste momento tan crítico para a ciencia, para a investigación, que en gran medida poría en risco o desenvolvemento do seu legado.