Foise co vento, para M.Villota

María Villota

Foto procedente do Newsletter de grafologíauniversitaria.com

Se non fose porque a estas alturas case todo o mundo coñece o triste final de María Villota, ousaría especular sobre o ritmo frenético e inestable da súa caligrafía. Dos seus espazos para coller aire e ao mesmo tempo brindar o xusto oco ás persoas que a precisaban, familiar e profesionalmente falando.

Falaría das súas angustiosas “chimeneas” que ocultaban o seu perpetuo sorriso, o seu optimismo reclacitrante que non permitiu que seguise atada ao chasis do seu bólido, a súa segunda pel.

Este post-lembranza vai para ti.

Se non fose porque nunca estiven sequera preto de ti, nin sequera me teño por devota da Fórmula 1,  diría que o teu afán pola “pole”, non viña marcado polo desexo de poder, ambición malsán, senón por un imperativo xenético. Deixando os puntos e o corpo atrás, te viches envolta nunha voráxine da que non poideches liberarte, obrigándote a abandonar tantas cousas no camiño; en realidade, a toda ti.

Tamén diría que no teu proxecto vital xiraba en torno a vivir o día a día porque coñecías, máis ben intuías, o golpe de macheta final. Prolongaches o teu quefacer durante algo máis dun ano; todo un modelo de xenerosidade.

A túa vida física escapou, o teu “eu etéreo” MMMaría , deixa unha ardora no circuíto no que soñaches competir. A vida non foi un agasallo para ti. Morrer aos 33… amolaríame que alguén especulara con esa fatídica idade. Non barallo eses tópicos, María. Gústame verte como un exemplo vital, unha referencia inda por asimilar nas novas xeracións de rapazas que neste momento elaboran os seus soños.

Creo que xa especulei abondo.

Benvida ao cadro de honor  da historia das mulleres pioneiras. Grazas, voadora princesa de Éboli!.

Mónica Bar. Perita Calígrafa

Advertisements