Desde o FB

Presento a cabeceira da páxina social do meu Gabinete no FACE, que como ben sabedes @s avezad@s na materia, ten por obxecto a conquista dunha mellor comunicación co exterior, por veces, nada doada nunha actividade tan discreta e reservada como a análise documental e a pericia caligráfica forense.

Para esta primeira cabeceira foron retratados uns útiles escriturais regalados por unha amiga* para o meu mini-museo da historia da escrita.
Rindo con estes instrumentos, os relativamente modernos (tintas, plumíns e secantes dos anos 50 que, sen dúbida, algunha persoa entre vós empregou nos seus anos escolares) así como os de comezos do XX, unha homenaxe ao pasado que aproveita a miña paixón -e interese técnico- polos instrumentos de escrita.
Nada teñen que ver pois, os retratados, cos modernos instrumentos ópticos e electrónicos, útiles de medición, de iluminación, filtros, etc. que emprego para as miñas pecudas periciais.
Mais cómpre coñecer e entender a historia, pasar polo cálamo, o lápiz de grafito, a pruma fonte, perceber os seus riscos para tracexar os sucos do presente e o futuro.  
E xa que esta nova tribuna aberta do FB ten como propósito gañar en interactividade, comprométome a respostar aoscomentarios, dúbidas ou achegas que se me transmitan. 
En atención á amizades do exterior, farei un uso alterno do castelán e o galego nas comunicacións. 
*Grazas, Alicia Goián, e familia.

 

Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas /   gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /
Advertisements