O tranvía "de" Abel Caballero

Tranvía grafftieado en el barrio vigués de Coia.
Foto de Instagran, da web de Faro de Vigo 


Na nosa sección de “graffitis civilización ou barbarie“, xa mostrei a miña atracción polo arte urbano e por suposto o antagonismo entre graffiti artístico e vandálico. Un mundo complexo; segundo a expresión máis primitiva das gangs, o graffiti: “canto máis dano mellor”. 

Aí radica o xérmolo do clásico graffiteiro/a ególatra que, por onde pasa, deixa pegada. Non ten máis intención que desenvolver o ego, que falen, neste caso, mal de ti. 
Lamento que borraran tan de contado a peza “artística”, e que a foto sexa incompleta, porque daba para unha boa análise pericial. 
Pese á mala idea de molestar a iniciativa do alcalde da cidade, Abel Caballero, aos poucos días da súa revalidación por maioría aplastante polo pobo de Vigo, a ofensa esténdese aos nosos petos que somos quen pagamos a limpeza destas trastadas. 
En calquera caso, enmendar a desfeita é necesario, pero non se descarte que se trate dun caso illado. A/o artista xa contou co seu momento de gloria, “iso mola”, pero imaxino que esta entrega é só o comezo; ao loro.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s