Perder a cabeza

Estes día atrás estiven preparando un artigo, para unha prestixiosa revista de hispanistas polaca, sobre o medo. Non vou adiantar o contido porque sería romper a confidencialidade antes de que se publique.

Estaba tan inmersa en divagacións literarias e teóricas que en momentos sentínme atenazada de non saber por onde tirar ou como resolver o asunto.

Na inminente necesidade de poñer os pés na terra, chamei a unha amiga coa que mantiña unha relación, sen antecedentes en disquisicións filosóficas, que me aseguraba unha resposta espontánea, e sen trastornos intelectuais, e pregunteille “que era para ela o medo”.

Divagou, sorprendida, como a quen a pillan fóra de contexto, así que formuleilla correctamente: a que lle tes medo?.lect.bis.

Aspiraba a unha resposta de sentido común; contaba cun motivo físico, como obxecto do medo; unha agresión, algo tan feminino; ou a algo fantasmagórico, ou abstracto: a soidade, a escuridade, que sei eu.

Pero non foi así: “Teño medo a perder a cabeza”, respondeu.

Replegueime aos meus escritos e repasei as últimas notas e referencias bibliográficas. Levaba días lendo contos de terror, que non me impedían apagar a luz con tranquilidade; nin me obrigaban a mirar tras as portas; nin a volverme coa sensación que alguén me seguía.

A pesar diso experimentaba un cansazo horroroso, deitábame ás tantas esgotada como se me desen unha malleira.

A resposta simple: teño medo a perder a cabeza, dábame voltas e planeaba sobre os contos que máis me aterrorizaban, indudablemente, con motivo. En todos, a protagonista (ou el) víase desbordado por unha presión síquica que non podía dominar; con distintos desenlaces, que pasaban pola desvinculación entre a emoción e o xuízo racional.

Aí radicaba realmente o terrorífico, pensei, e tamén considerei necesario volver a reconstruír o artigo, pero xa era tarde.


Seica hai casualidades na vida. Nun parque da miña ciudade, hai unha fermosa escultura do escultor Nogueira. Toda a miña vida pasando diante dela pero non a fotografara ata había uns meses. A escultura, que podería representar un instante de intimidade entre dúas amigas que intercambian confidencias e libros, sufrira unha sabotaxe. Tiven que buscar a foto para poder recordala como realmente fora, porque hai unhas tardes as mozas confidentes apareceron decapitadas. Neste caso, un áxil servizo municipal reparounas e as cabezas volveron a estar sobre os hombreiros, pero non sempre sucede o mesmo.

Advertisements