Indicios ou evidencias? (I)

Indicios ou evidencias é nomenclatura común en calquera investigación. Toda persoa especialista (peritus) aspira a ser a peza clave dunha investigación que conduza a aclarar un caso civil, social ou penal.
Somosperseguidoras/es da verdade. Non hai cousa que máis incomode @s profesionais da pericia que non poder chegar a deduccións, ou mellor, a conclusións nidias e evidentes sobre un asunto calquera. Pero hai un importante número de ocasións en que a argumentación absoluta resulta imposible.
Non por iso debe desdeñarse a pericia ou a/ao profesional, e ser consciente de que un dictame é un medio de proba, por ende un camiño, non unha meta inexpugnable.
Fronte ao “perito estrela” nós non gañamos xuízos, colaboramos coa xustiza.
Por outro lado, é de común crenza que a ciencia aporta valores infalibles. Cantas veces neste traballo temos que enfrontarnos a miudezas que poden ser senón definitivas ailladamente, si determinantes en conxunto. Por exemplo, a prioridade dun trazo sobre outro, nunha rúbrica; algo non sempre discernible pero cando se consegue, pode ser un tesouro.
É cando unha confía no día que se poida acceder a unha proba química que dilucide as décimas de segundo que tarda un trazo de pluma fonte, ou de tinta xel en pasar por riba do outro.
As probas, indicios ou evidencias, do inglés, evidences, veñen sendo o mesmo, pezas do puzzle, que non sempre encaixan, por moi cientificamente que se actúe. Así o comprobamos coas testemuñas d@s perit@s do Caso Asunta, mentres o xurado popular se retira a deliberar.

Indicios ou evidencias? (I)

Indicios ou evidencias? (I)

Indicios ou evidencias é nomenclatura común en calquera investigación. Toda persoa especialista (peritus) aspira a ser a peza clave dunha investigación que conduza a aclarar un caso civil, social ou penal.
Somos perseguidoras/es da verdade. Non hai cousa que máis incomode @s profesionais da pericia que non poder chegar a deduccións, ou mellor, a conclusións nidias e evidentes sobre un asunto calquera. Pero hai un importante número de ocasións en que a argumentación absoluta resulta imposible.
Non por iso debe desdeñarse a pericia ou a/ao profesional, e ser consciente de que un dictame é un medio de proba, por ende un camiño, non unha meta inexpugnable.
Fronte ao “perito estrela” nós non gañamos xuízos, colaboramos coa xustiza.

Por outro lado, é de común crenza que a ciencia aporta valores infalibles. Cantas veces neste traballo temos que enfrontarnos a miudezas que poden ser senón definitivas ailladamente, si determinantes en conxunto. Por exemplo, a prioridade dun trazo sobre outro, nunha rúbrica; algo non sempre discernible pero cando se consegue, pode ser un tesouro.
É cando unha confía no día que se poida acceder a unha proba química que dilucide as décimas de segundo que tarda un trazo de pluma fonte, ou de tinta xel en pasar por riba do outro.

As probas, indicios ou evidencias, do inglés, evidences, veñen sendo o mesmo, pezas do puzzle, que non sempre encaixan, por moi cientificamente que se actúe. Así o comprobamos coas testemuñas dos peritos do Caso Asunta, mentres o xurado popular se retira a deliberar.

Para cinéfil@s, unha proposta “Regresión”, de Amenábar

*Regresión (I)

Acudín ao cine a última hora, aproveitando o horario no que o cansazo do día pode volverse en contra das expectativas postas na fita, que todo hai que dicilo, non eran moitas. Temía encontrarme cunha segunda parte de Los otros, ou alguna trama esotérica sellante. Pero o certo é que me sostiven durante 105 minutos ao asento sen pestanexar.
Unha confluencia de factores, todos afortunados: a base real da historia; o desenvolvemento do guión, que compón unha trama en absoluto predecible, obrigando a cohabitar con ela, a reflexionar, a empatizar coas personaxes e a aborrecelos pasadas unhas poucas secuencias.
Alí estaba Amenábar en estado puro, conseguindo aquilo de nada é o que semella ser.
A trama atenaza as personaxes neses espazos de terror que elas e eles mesmos crean.
Somos as nosas crenzas, as nosas suxestións, creamos fantasmas para poder vivir e acadar os nosos obxectivos. Tal vez aí recae outro dos valores fundamentales da película, que quedará para comentar noutra entrega.
Decateime que tamén eu anticipaba prexuiciosamente o final, integrando o propio test sicolóxico ao que o guionista che somete.
Magnífica Regresión, desde dentro e cunha estética naturalista, con tintes sutís expresionistas e gore; o imprescindible para pincelar un film de suspense, sicolóxico, gótico, negro? Non merece a pena ni sería correcto etiquetalo.
O movemento da cámara, prolongación dos estados de ánimo a impecable iluminación, creando unha atmósfera abafante, etc. cun reparto de altísimo nivel que emana credibilidade por todos os poros.
*Ficha da película Regresión: dirixida por Alejandro Amenábar. Con Ethan Hawke, Emma Watson, Aaron Ashmore, Devon Bostick, David 
Thewis, Dale Dickey, Aaron Abrams, ...
Estrea mundial,Festival de Cine de Donostia, 2 de outubro de 2015.